Noticias
13 de marzo de 2011
O Burela FSF gáñalle o pulso ao contragolpe rival (3-6) e acada os tres puntos

Partido exemplar das pupilas de Pardeiro, que sufriron as contras das locais nos primeiros minutos e souberon adiantarse no marcador nos últimos instantes para rematar gañando o choque con contundencia (3-6), con Vanessa e Milena como goleadoras no último suspiro.

Resulta un paradoxo que pese a exercer un control case absoluto, o cadro laranxa empezara por detrás no marcador, pero así son este e outros deportes, que premian o acerto máis que méritos. E os goles son a vara de medir ata que cambie o baremo no fútbol sala, o Burela Pescados Rubén tivo que esperar ata o minuto 38 para pórse por diante e recuperarlle a  cara ao encontro. O gol de Milena  (3-4) serviu para que Vanessa (hat-trick da brasileira) e ela mesma se animaran ata deixar en tres as locais. O 3-6 final mantén as mariñás en posición envexable e deixa un panorama esperanzador de cara ás vindeiras xornadas.

Ficha do partido

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores