Noticias
13 de marzo de 2011
Vitoria sufrida do equipo laranxa (2-1) e espectáculo lamentable na bancada

Ocorre de cando en vez: que determinados energúmenos confunden un acontecemento deportivo cunha pelexa na rúa para dar a nota e ameazan o espectáculo con actitudes fóra de ton. E aconteceu en Vista Alegre o pasado sábado, no partido que enfrontaba a un Gasifred voluntarioso cun Burela FS en horas baixas que tenta recuperar sensacións. Os de Suso Rey impuxéronse (2-1) con dificultades a un rival que botou máis gañas que ocasións e o equipo visitante amparábase nos ánimos que recibía desde a bancada, grazas a unha afección rival que se deixaba os pulmóns e parte do fígado en apoiar aos seus, por moito que as protestas foran inútiles ou estiveran totalmente equivocadas.

Todos os goles chegaron na primeira parte. Por parte do conxunto laranxa anotaron Víctor Cachón e Christian e polos visitantes marcou Leo. Unha pena a falta de acerto de cara á porta dos locais, que puideron sentenciar o choque en varias ocasións. Con todo, merecido triunfo dos laranxas, que continúan a súa viaxe particular cara ao play off de ascenso, malia as malas etapas, malia resultados adversos inesperados. O Burela FS segue na loita.

Ficha do partido

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores