Noticias
14 de marzo de 2011
O alumnado do CEIP Cervo gozou dunha nova visita laranxa

O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria do CEIP Cervo gozou da compaña dos xogadores laranxas Lidia, Juanma e Esteller e do adestrador da ED EON Burela FS Carlos Méndez o venres pasado. A devandita visita do club mariñán pertence a “Coñece o meu Club”, actividade integrada no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos e a facilitarlles aos escolares o coñecemento dos recursos dispoñibles no seu contorno.

A xira do CD Burela FS  comezou o 16 de febreiro no centro cervense cunha sesión destinada a quinto e sexto de Primaria. Xogadoras, xogadores e técnicos laranxas xa visitaron dende entón os CEIP Número 1 de Foz, Vista Alegre de Burela e Álvaro Cunqueiro de Mondoñeco. O colexio Fondo Nois será o próximo destino da entidade burelista, o 24 de marzo, na difusión dun dos deportes rei na bisbarra mariñá.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores