Noticias
14 de marzo de 2011
Os laranxas defenderán a sétima praza no impoñente Ángel Nieto zamorano

Tres días despois de recuperar a senda da vitoria, ante o Eivissa (2-1), os laranxas porán rumbo mañá a terras castelás para medirse en duelo directo ao Arcebansa Zamora. O parapeto do Ángel Nieto, cun grande ambiente na bancada, acollerá a cita entre a oitava praza dos locais (40 puntos) e a sétima do Burela FS (43) a partir das 21.00 horas.

Con nove xornadas para o remate da liga e sen gozar aínda da xornada de descanso, o cadro de Suso Rey non está en situación de permitirse moitos descoidos. O Burela FS atoparase cun rival forte que afrontará o encontro de mañá moi doído e con ganas de desquite pola contundente goleada que tivo que sufrir o sábado na pista do OPDE Ribera Navarra (10-0). Amparado polo inferno vermello, o Arcebansa sairá motivado para escapar dun calendario difícil no que xunto á de Tudela xa encadea outras dúas xornadas sen puntuar (Puertollano 2-1 e Barcelona 2-4), unidas ao descanso. O ex-burelista Juanito, sancionado con dous partidos de suspensión por dirixirse aos árbitros en termos de desconsideración ante o Ribera, non poderá estar á fronte dos zamoranos; tampouco participarán na cita Lolo Jarque, cun encontro de sanción por interromper unha xogada en Navarra, nin Jesús Rodríguez, por lesión.

No partido da primeira volta, Vista Alegre fixo valer as súas armas e soubo quedar cos tres puntos (5-1) ante un conxunto que na tempada pasada saboreou a gloria da División de Honra.

 

Emoción en Vista Alegre

Emocionante será o próximo encontro en Vista Alegre, coa visita do líder de Prata, o Puertollano FS. Os pupilos de Suso Rey poñerán a proba a bomboneira ante o seu último rival no play de 2009-10; será o sábado 19, a partir das 18.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores