Noticias
16 de marzo de 2011
O Burela FS ve escapar o empate co Zamora (4-3) nos últimos segundos

O Burela FS mereceu máis sorte onte no Ángel Nieto. O desacerto na finalización volveu pasar factura para os laranxas, que viron como o empate co Arcebansa Zamora se lles escapaba a escasos segundos do final (4-3), cun rexeitamento de Edu que aproveitou Carlos Alberto.

No primeiro período púidose presenciar un continuo tira e afrouxa por ambas as dúas bandas. O gol temperán dos zamoranos (minuto 5) foi axiña neutralizado por Víctor Cachón (8). Novamente volveron adiantarse os pupilos de Juanito (10) e os mariñáns equilibraron o electrónico nas zapatillas de Christian, aínda que tiveron que conformarse con recibir o descanso con 3-2 (minuto 18).

Co reinicio apareceu un Burela FS máis dominador, con moitas ocasións de cara á portería que se resistiron unha e outra vez. Víctor Cachón materializou a igualada con xogo de cinco, no minuto 38; a menos de 20 segundos para o son da bucina final, os zamoranos anotaron o 4-3, tamén con porteiro-xogador.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores