Noticias
25 de marzo de 2011
O gaditano Adri Gaona e o Burela FS rescinden contrato

O gaditano Adrián Gaona Martín non continuará sendo xogador do Burela FS. O ala-peche e a entidade laranxa chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os unía en 2010-11, polo que Adri non regresará do permiso que lle concedera o club a mediados de xaneiro para viaxar á súa terra.

Cunha nutrida experiencia en Prata, o xogador andaluz chegou ás filas burelistas no verán de 2010, procedente do Extremadura Cáceres 2016. Coa camiseta laranxa anotou 8 goles.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores