Noticias
1 de abril de 2011
Cidade das Burgas, vindeiro destino para as laranxas en derbi autonómico

As laranxas viaxan este sábado a Ourense, na vixésimo cuarta xornada de Honra, para medirse ao Cidade das Burgas. O pavillón dos Remedios acollerá o derbi autonómico a partir das 17.00 horas.

Tres puntos importantes estarán en xogo neste duelo. O Burela FSF Pescados Rubén pelexa por asentarse na cuarta praza (42), asediada polo Diamante-La Rioja (39), e acceder ao podio, co terceiro posto, do Atlético de Madrid Navalcarnero, a tan só un par de puntos. Ás ourensás tampouco lles viría nada mal a vitoria, na súa tentativa de coarse entre os privilexiados da Copa de España, dende a novena posición (32) asfixiando o Cajasur Córdoba (32).

Aínda que sen malas novas no vestiario, a escuadra burelá terá que aplicarse a fondo ante un rival moi forte na súa pista. Dos nove triunfos acadados ata o momento polo Cidade das Burgas, sete foron nos Remedios (Córdoba 7-3, Rioja 4-2, Soto del Real 3-1, Ciudad de Alcorcón 5-2, Campillos 7-0, UCAM Murcia 2-1 e Zaragoza 5-1). Na segunda volta tan só o Ponte foi capaz de impoñerse no templo ourensán (0-1). 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores