Noticias
1 de abril de 2011
A emoción chega a Vista Alegre co sólido Ribera Navarra

Espectáculo e emoción están garantidos esta fin de semana en Vista Alegre coa visita do segundo clasificado, o sólido OPDE Ribera Navarra, na trixésimo terceira xornada de Prata. A cita arrincará mañá ás 18.30 horas.

A intensidade que xa se viviu na primeira volta, cunha brillante remontada dos laranxas (4-4) no Elola, vaticina un extraordinario encontro. Os pupilos de Suso Rey pelexarán por facer valer a fortaleza de Vista Alegre ante un rival que só baixa a garda a domicilio; as súas catro derrotas no que vai de liga foron lonxe da casa, Unión África Ceutí (3-1), Lanzarote Tías Yaiza (6-4), Melilla FS (4-3) e Andorra (5-3), a última xa hai máis de 10 xornadas. Unha dose extra de concentración precisará a férrea defensa burelá ante o segundo máximo goleador da categoría, con grandes finalizadores como Fabricio (33), Thiago (20) ou Andresito (17).

A oitava praza do Burela FS (44) está en perigo pola proximidade do UMA Antequera (43), que recibe esta xornada o penúltimo, Extremadura-Cáceres 2016. Por arriba, o Arcebansa Zamora defenderá o sétimo posto (47) no complicado desprazamento á pista do cuarto, Colegios Arenas Gáldar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores