O pavillón Monte Castelo acollerá hoxe o encontro entre FS A Mariña e Afaes Porta Nova, de Narón, ás 16.30 horas.
O partido da primeira volta, disputado o venres pasado, deixou un resultado favorable para o equipo mariñán (5-2), con goles de José Ángel Eiras (3), Roberto López (1) e Ramón Sixto (1).
Ata o de agora os mariñáns computan dúas victorias e unha derrota, pero sobre todo contan con moitas ganas de pasalo ben e agradecen o apoio recibido por voluntarios, familiares e monitores nos partidos.