Noticias
8 de abril de 2011
O Burela FSF defenderá a terceira praza ante un Alcorcón ávido de puntos

O Burela FSF Pescados Rubén defenderá este domingo, na vixésimo quinta xornada de Honra, a súa recentemente estreada terceira posición, ante un Ciudad de Alcorcón, que necesita os puntos para desfacerse do título de farol vermello. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 12.30 horas.

Tras o resultado favorable da semana pasada ante o Valladolid (3-2), o cadro madrileño (17 puntos) chegará a Burela con sede de vitoria; ten a salvación a catro puntos e, a falta de seis xornadas, está obrigado a aproveitar cada segundo de xogo.

Pola súa banda, á escuadra laranxa tocaralle aferrarse con uñas e dentes ao podio, ante o asedio do desbancado Atlético de Madrid Navalcarnero (44), que visita a pista doutro rival directo, o Diamante-La Rioja (42).

Milena non participará na cita da bomboneira; a brasileira estará uns días no seu país por motivos administrativos. Chegarán moi xustas Ro, por unha sobrecarga no abductor, e Lidia, por unha inflamación na inserción distal dos músculos peroneos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores