Noticias
3 de maio de 2011
A prensa deportiva abrirá as III Xornadas Formativas Burela FS

Baixo o título “A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais”, o relatorio do delegado do xornal A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez, abrirá este xoves as III Xornadas Formativas Burela FS, ás 17. 30 horas, no IES Monte Castelo. O xerente do club, Fernando López, presentou o ciclo onte na sede laranxa, acompañado polo vicedirector do instituto colaborador, Alfonso Iglesias, e de José Manuel Fraga, alumno do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do devandito centro que está realizando as prácticas na entidade laranxa.

As Xornadas Formativas de 2011 prolongaranse ata o 1 de xuño, nun total de cinco charlas. A prensa deportiva dará paso ao mundo de “As relacións laborais no fútbol sala”, o 12 de maio, a cargo de profesorado da Universidade da Coruña especializado en Dereito do Traballo e Dereito Sindical. O fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, abordará as vendaxes funcionais o 19 de maio. Unha semana máis tarde, a xestión deportiva centrará o ciclo a través da perspectiva do xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida. Por último, as experiencias de Pablo Prieto como seleccionador de Libia porán o broche final o 1 de xuño.

 

LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.30 h.

 

Xoves 5 de maio

“A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais’
Relator:
Pablo Yáñez, delegado de A Mariña-El Progreso

 

Xoves 12 de maio

“As relacións laborais no fútbol sala”
Relatores:
Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)

 

Xoves 19 de maio

“A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”
Relator:
Fiz Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB

 

Xoves 26 de maio

“Modelo e xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento”
Relator:
Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

 

Mércores 1 de xuño

“Futsal en Libia, experiencias”
Relator:
Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores