Noticias
9 de maio de 2011
O club laranxa abre a venda anticipada para o Burela FS-Gáldar

O club laranxa abrirá mañá, martes, a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Colegios Arenas Gáldar o vindeiro sábado (Vista Alegre, 19.00 horas), 14 de maio, no inicio da primeira eliminatoria de play off a Honra.

As tarifas para os SOCIOS/AS burelistas serán de 3, adulto/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 anos); os NON SOCIOS/AS deberán pagar 10 e 3 euros respectivamente. As entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné de abonado da segunda volta 2010-11.

No sexto play off da historia burelista, os pupilos de Suso Rey recibirán o Gáldar, outro dos habituais das fases de ascenso, tan só quince días despois de atoparse na segunda cita da liga, con vitoria para os laranxas (3-4). En Vista Alegre o enfrontamento resolveuse con empate (2-2).

Todos os afeccionados/as que acudan á bomboneira este sábado ataviados coa cor laranxa accederán a un sorteo de indumentaria do club.

O sábado 21, o cadro mariñán viaxará ás illas para disputar o segundo encontro da eliminatoria (18.30, hora insular). No caso de que sexa necesario o terceiro encontro entre canarios e galegos será o domingo á mesma hora.

 

Horario de atención ao público: De luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-20.00

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores