Noticias
10 de maio de 2011 ACFSF
España vence no internacional de Moscova

A Selección Española de fútbol sala feminino impúxose onte no Torneo Internacional de Moscova, tras empatar 1-1 no último partido do cuadrangular ante Rusia, nunha cita celebrada no pavillón Grocus Expo da capital rusa, co que se pechaba a terceira xornada do evento.

O combinado nacional clausura o seu periplo no torneo con dúas vitorias, tras imporse de forma consecutiva a Ucraína e Hungría, e cun empate ante Rusia, que finaliza en segunda posición con 5 puntos. Ucraína, que venceu 2-0 ao combinado de Hungría, finaliza en terceira praza con 3 puntos, mentres Hungría se macha da cita internacional con tan só 1 punto no seu poder, tras a igualada no seu debut ante as anfitrioas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores