Noticias
10 de maio de 2011
IV Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino 'Vila de Ribadeo'

A cuarta edición do torneo “Vila de Ribadeo” xa está ultimando detalles para acoller entre o 1 e o 3 de xullo o mellor do fútbol sala feminino nacional na Mariña, nas categorías alevín, infantil, cadete e sénior.

Os equipos interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o 10 de xuño. O Club Ribadeo FS facilitará información pormenorizada a través do número 666367058 e do correo electrónico ribadeofs@hotmail.com.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores