Noticias
10 de maio de 2011
Agradecemento da familia laranxa

Ás portas da sexta fase de ascenso do equipo masculino á División de Honra, a Xunta Directiva do CD Burela FS desexa trasladar o máis sincero agradecemento á masa social da entidade, á afección e á peña A Pataca Naranxa polo seu apoio incondicional ao club demostrado ao longo da tempada regular e dos case dez anos de vida da entidade; por eles, todos os estamentos do club darán o máximo para que este play off sexa o definitivo. A directiva tamén felicita o cadro laranxa polo éxito logrado e comprácese da súa implicación cos obxectivos da entidade.

Sabemos que no camiño a Honra atoparemos grandes equipos, aos que respectamos profundamente, pero iso fará que, co amparo ilimitado da nosa afección e o espírito de sacrificio do equipo, a meta final sexa alcanzada.

Esta xunta quere resaltar a fe cega no equipo e a súa aposta firme e decidida pola consecución do anhelado ascenso á División de Honra, lugar no que merece competir o próximo ano, por dereito propio cimentado na seriedade e profesionalidade da entidade.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores