Noticias
13 de maio de 2011
As relacións laborais, nas Xornadas Formativas Burela FS

As III Xornadas Formativas Burela FS estiveron dedicadas, onte, na seu segundo relatorio ás relacións laborais no fútbol sala, a cargo dos profesores de Dereito do Traballo e Seguridade Social, Alberto Arufe, e de Dereito Sindical, Iván Vizcaíno, da Universidade da Coruña.

O primeiro convenio colectivo do fútbol sala, de 2004, como regulador das normas polas que se rexen as condicións de traballo dos xogadores profesionais neste deporte, centrou a conferencia, ademais da aproximación ás novidades do segundo convenio, asinado o pasado 7 de maio. Así, os asistentes puideron achegarse ás formas e modalidades de contrato, dereitos dos traballadores, xornada laboral e aspectos relacionados coa igualdade entre mulleres e homes no deporte profesional. Como peche, os relatores tamén trasladaron as explicacións teóricas a casos reais de demandas xudiciais.

Ata comezos de xuño, a terceira edición do ciclo laranxa tamén tratará aspectos de fisioterapia, xestión deportiva e fútbol sala internacional. Tras un pequeno reaxuste do programa, o IES Monte Castelo acollerá o próximo relatorio o 26 de maio (17.30 horas),  coa visita do ex–xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida.


Xoves 26 de maio

“Modelo e xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento”
Relator: Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores