Noticias
15 de maio de 2011
O marcador non acompaña as burelás no intenso encontro de Navalcarnero (6-4)

O marcador non acompañou hoxe as burelás nun intenso encontro en Navalcarnero cheo de goles (6-4). Este resultado deixa a laranxas e madrileñas empatadas a 54 puntos, na loita pola terceira praza.

As ocasións e alternativas sucedéronse por ambos os lados nunha cita na que o estado esvaradío da pista condicionou o xogo nun ir e vir constante, sen excesiva presión. O Atlético de Madrid Navalcarnero buscou desequilibrar a escuadra de Javier Pardeiro con tantos temperáns (minutos 3 e 5). No entanto, o Burela FS Pescados Rubén mantivo a temperanza; Dolo reduciu as distancias no minuto 8, pero segundos despois Anita Luján subiu o 3-1. Vanessa aproveitou unha perda de balón enseguida para manter as laranxas no encontro (minuto 9).

No segundo período, o Atlético volveu ver a portería de Jozi (minuto 22) nas zapatillas de Anita Luján por segunda vez. A falta de 12 minutos para o final, Pardeiro optou polo xogo de cinco e o primeiro resultado chegou de Vanessa (29), nun contraataque.  Non obstante, o segundo resultado non foi positivo para os intereses mariñáns; Leticia anotou o 5-3 (32)dende propia pista, a porta baleira. Na súa tentativa da remontada, volveu aparecer Vanessa para materializar o hat trick (37), pero as locais sentenciaron co 6-4, nos pés de Natalia, a escasos segundos para o asubío final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores