Noticias
18 de maio de 2011
Horarios da Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011

A XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino, cita que acollerán a vila de Burela e o club laranxa entre o 3 e o 5 de xuño, xa ten os horarios definidos.

O pavillón Vista Alegre recibirá os cuartos de final na primeira xornada, cos cruzamentos de primeiro clasificado-oitavo, segundo-sétimo, terceiro-sexto e cuarto-quinto. O sábado, nas semifinais, veranse as caras o gañador do primeiro-oitavo co do terceiro-sexto e o vencedor do segundo-sétimo co do cuarto-quinto; nesta segunda xornada, o seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, impartirá un clínic centrado no adestramento nas etapas de formación, ás 16.30 horas (IES Monte Castelo).

O campión decidirase o domingo, na gran final, a partir das 18.30 horas.

Tarifas. Os socios/as do club anfitrión poderán gozar de toda a Copa e presenciar os 7 partidos cun abono completo ao prezo de 12 euros; para os non socios/as será de 20 euros. A entrada diaria será de 7 euros para os socios/as laranxas e 10 para os non socios/as. Para os menores de 18 anos será gratuíto. Nos próximos días ofrecerase información sobre reservas e venda anticipada.

 

Venres 3 de xuño

10.30 horas: CUARTOS
12.45 horas: CUARTOS

18.30 horas: CUARTOS
21.00 horas: CUARTOS

 

Sábado 4 de xuño

12.00 horas: SEMIFINAL

16.30 horas: Clínic con José Venancio López, seleccionador de España
Localización: Aula de usos múltiples (IES Monte Castelo)

18.30 horas: SEMIFINAL

 

Domingo 5 de xuño

18.30 horas: FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores