Noticias
19 de maio de 2011
Catro equipos laranxas disputarán a final da Copa da Mariña

Catro equipos da ED EON Burela FS disputarán a fase final da Copa da Mariña nas categorías infantil, alevín e benxamín, o vindeiro sábado, 21 de maio, en Burela.

O pavillón Vista Alegre acollerá as semifinais entre o Infantil A laranxa e o Lourenzá e o Infantil B e o Ribadeo. No Monte Castelo mediranse o Alevín A burelista e o C Viveiro. Os máis pequenos da ED EON, os benxamíns A, disputarán a final nos Castros ante A Pontenova.

A entrega de trofeos pechará a cita, ás 13.30 horas (Vista Alegre), nun acto no que tamén recibirán galardóns os campións e subcampións da liga 2010-11, nos grupos A.

 

Localización: Vista Alegre

10.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Lourenzá Infantil (1ª SEMIFINAL)
10.50 horas: ED EON Burela FS Infantil B-Ribadeo Infantil (2ª SEMIFINAL)

11.40 horas: 3º e 4º posto
12.30 horas: FINAL INFANTIL

 

Localización: Monte Castelo

10.00 horas: A Pontenova Alevín-Lourenzá Alevín A (1ª SEMIFINAL)
10.50 horas: ED EON Burela FS Alevín A-C Viveiro Alevín (2ª SEMIFINAL)

11.40 horas: 3º e 4º posto
12.30 horas: FINAL ALEVÍN

 

Localización: Os Castros

10.00 horas: Praia de Covas Benxamín A-Mondoñedo Benxamín (1ª SEMIFINAL)
10.50 horas: ED EON Burela FS Benxamín A-A Pontenova Benxamín  (2ª SEMIFINAL)

11.40 horas: 3º e 4º posto
12.30 horas: FINAL BENXAMÍN

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores