Noticias
20 de maio de 2011
Burela FS-Cajasur Córdoba, aperitivo para a Copa de España

Vista Alegre despedirá a liga regular do Burela FS Pescados Rubén mañá, na penúltima xornada de Honra, coa visita do Cajasur Córdoba, nun aperitivo para a Copa de España (3-5 de xuño) entre dous conxuntos que xa teñen asegurada a súa participación na cita. O encontro está programado para as 18.00 horas (horario unificado).

A falta de tan só dous partidos para o remate da competición, a táboa aínda pode dar moitas voltas para os cruzamentos de Burela 2011. A escuadra mariñá loitará por manter as distancias entre a súa cuarta praza (54 puntos) e o quinto posto das andaluzas (49), un dos mellores conxuntos na segunda volta, cunha soa derrota, ante o líder ourensán (3-0).

Para o adestrador, Javier Pardeiro, este enfrontamento será “unha boa despedida da liga en Vista Alegre, entre dous conxuntos que están atravesando un bo momento”. “O Cajasur é un equipo valente ao que lle gusta xogar ao fútbol sala. Experimentou un cambio substancial esta tempada e soubo demostrar que non hai ninguén imprescindible tras a marcha de xogadoras importantes; por iso merecen todo o meu aprecio” explicou o técnico burelista.

Lucía será a única dúbida no vestiario de Javier Pardeiro, por unha escordadura de nocello sufrida no adestramento de onte.

As laranxas terán un ollo na pista do Gironella, que pelexará por asegurar un billete para a Copa ante o Atlético Madrid Navalcarnero, empatado a puntos co equipo mariñán na terceira posición.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores