Noticias
21 de maio de 2011
O Gáldar provoca o desempate tras derrotar ao Burela por 4-2

O Colexio Arenas Gáldar forza o terceiro partido da eliminatoria de ascenso a División de Honra tras derrotar ao Burela FS por 4-2. O conxunto burelense non puido certificar ao primeiro intento a clasificación, pero aínda conta cunha oportunidade máis mañá domingo a partir das 18.30 horas (hora insular). O burelés Víctor Cachón é dúbida para o duelo definitivo tras un forte golpe na zona lumbar.

O partido comezou franco para a escuadra de Suso Rey que asumiu a iniciativa do xogo e creou as primeiras ocasións. Purao inclinou a balanza para os mariñáns tras marcar o 0-1, minuto seis, pero a fortuna aliouse co Gáldar cando Augusto aproveitou un rexeite tras un lanzamento de falta para establecer a igualada, minuto oito. A partir do tanto local o encontro igualouse, os laranxas gozaron das mellores ocasións pero careceron de temperanza nos metros finais. No Gáldar destacou o seu meta Óscar que levou ao seu equipo con empate ao descanso.

Na continuación, os parámetros do choque variaron, ambos conxuntos entraron nun contínuo toma e daca, do que saíron vitoriosos os canarios, aproveitando varias accións de balón parado. Néstor, en dúas ocasións, e Flavio encarrilaron a vitoria do seu equipo (4-1). Esteller logrou recortar a diferenza e o Burela buscou a remontada coa opción de cinco que resultou infrutuosa.

Ficha técnica

Colegio Arenas Gáldar: Óscar, Julio, Glauber, Augusto, Néstor –cinco inicial- Minhoca, Aitor, Flavio, Lonchu e Jerry.

Burela FS: Brais, André, Purao, Víctor Cachón, Juanma –cinco inicial- Clebinho, Ique e Esteller.

Goles: 0-1, m.6, Purao; 1-1, min.8, Augusto; 2-1, min.22, Néstor; 3-1, min.25, Flavio; 4-1, min.30, Néstor; 4-2, m.32, Esteller.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores