Noticias
22 de maio de 2011 El Progreso
Duelo de titáns
Reparto de puntos en Vista Alegre entre Burela FS Pescados Rubén e Cajasur Córdoba (2-2) nun duelo moi igualado. Ningún dos dous equipos mereceu perder, polo que o resultado foi xusto. A primeira parte comezou con dominio do Burela FS nos primeiros minutos. De feito, a primeira acción de perigo en favor das mariñás produciuse aos 10 segundos de partido tras un roubo de balón e un posterior disparo de Lidia que detivo a gardameta visitante Patricia. O Córdoba non atopaba o seu sitio e as locais querían aproveitar a situación para abrir a lata. A primeira acción de perigo do Córdoba non se produciu ata o minuto 5. O choque entrou nun período relaxado de xogo, ata que no 16 Noe volve pór en aprietos a Jozi. Na réplica o Burela anotou o primeiro grazas a un disparo de Vanessa desde 12 metros que pega nunha xogadora do Córdoba despistando á gardameta Alicia. Pouco durou a alegría local, xa que Dany, en acción individual igualaba a contenda. Na continuación o guión mantívose, só que as primeiras en intentar porse por diante no marcador foron as futbolistas andaluzas. No minuto 26 Milena tivo unha oportunidade clarísima de situar o 2-1, pero incomprensiblemente fallou un remate a porta baleira tras unha asistencia de Dolo. O gol laranxa chegou a continuación, ao aproveitar Ro un balón morto e unha mala saída da gardameta visitante. Con todo, o Córdoba empatou de inmediato cun gol calcado ao primeiro do Burela, disparo de Isa que pega en Milena e despista a Jozi, que non pode facer nada. Na última xogada do partido Vanessa rouba un balón e plántase ante Kati, que entrou substituíndo a Alicia. A brasileira, con todo, errou no disparou. O resultado asegura ao Burela FS a cuarta praza en División de Honra.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores