Noticias
23 de maio de 2011
O CD Burela FS abre a venda anticipada para a Copa de España (3-5 de xullo)

O CD Burela FS abrirá mañá a venda anticipada para a XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino na sede do club, cita que reunirá na vila mariñá os oito mellores equipos da División de Honra nacional, entre o 3 e o 5 de xuño.

Os socios/as laranxas poderán gozar de toda a Copa e presenciar os 7 partidos cun abono completo ao prezo de 12 euros; para os non socios/as será de 20 euros. A entrada diaria será de 7 euros para os socios/as burelistas e 10 para os non socios/as. Para os menores de 18 anos será gratuíto.  O horario de atención é de luns a venres, entre as 10.00-14.00 horas e as 16.00-19.00 horas.

Sete das oito prazas da Copa xa están decididas, aínda que sen clasificación definitiva. Xunto ás anfitrioas, que a falta dunha xornada para o remate ligueiro ocupan a terceira praza (55 puntos), estarán o Ponte Ourense e Móstoles FSF, co primeiro e segundo postos asegurados respectivamente, Atlético de Madrid (54), Cajasur Córdoba (50), Diamante La Rioja (49) e Queralt Gironella (47). O último billete dirimirase esta fin de semana entre o Natudelia.com Zaragoza, que visita o Ponte Ourense, e o Valladolid FSF, que viaxa a Móstoles.

O pavillón Vista Alegre recibirá os cuartos de final na primeira xornada, cos cruzamentos de primeiro clasificado-oitavo, segundo-sétimo, terceiro-sexto e cuarto-quinto. O sábado, nas semifinais, veranse as caras o gañador do primeiro-oitavo co do terceiro-sexto e o vencedor do segundo-sétimo co do cuarto-quinto; nesta segunda xornada, o seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, impartirá un clínic centrado no adestramento nas etapas de formación, ás 16.30 horas (IES Monte Castelo). A gran final será o domingo a partir das 18.30 horas.

 

Venres 3 de xuño

10.30 horas: CUARTOS
12.45 horas: CUARTOS

18.30 horas: CUARTOS
21.00 horas: CUARTOS

 

Sábado 4 de xuño

12.00 horas: SEMIFINAL

16.30 horas: Clínic con José Venancio López, seleccionador de España
Localización: Aula de usos múltiples (IES Monte Castelo)

18.30 horas: SEMIFINAL

 

Domingo 5 de xuño

18.30 horas: FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores