Noticias
26 de maio de 2011
Los Sauces pontevedrés, rival dos infantís laranxas na final galega de Deporte Escolar

O ED EON Burela FS Infantil A porá rumbo este sábado á cidade do Lérez como campión provincial de Deporte Escolar para disputar a fase final galega. Los Sauces, de Pontevedra, será o rival do conxunto laranxa, ás 12.00 horas, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Unha hora antes, os campións da Coruña e Ourense, Ex Alcólicos e Santa Teresita, mediranse na outra semifinal. Os gañadores pelexarán na final, ás 18.00 horas.

Copa xuvenil. O Burela FS Xuvenil disputará o partido de ida da semifinal da Copa como primeiro clasificado do Grupo Norte, ante o segundo do Sur, Cidade de Ourense; será no pavillón dos Remedios da cidade das Burgas, o domingo, a partir das 12.00 horas. Ao mesmo tempo, o muncipal lugués acollerá a outra semifinal, entre o segundo do Grupo Norte, Azkar Lugo, e o primeiro do Sur, Autos Lobelle.


FASE FINAL GALEGA DE DEPORTE ESCOLAR
Sábado 28 de maio

11.00 horas: Ex Alcólicos-Santa Teresita (SEMIFINAL A)
12.00 horas: ED EON Burela FS A-Los Sauces (SEMIFINAL B)

17.00 horas: 3º E 4º POSTO
18.00 horas: FINAL

 

COPA NACIONAL XUVENIL-SEMIFINAIS
Domingo 29 de maio

12.00 horas: Cidade de Ourense-Burela FS (Pavillón dos Remedios de Ourense)

12.00 horas: Azkar Lugo-Autos Lobelle (Municipal de Lugo)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores