Noticias
31 de maio de 2011
A Copa do Mundo visita Burela

A Copa do Mundo de Fútbol, no poder da Selección Española dende xullo de 2010, estará en Burela e co CD Burela FS o venres 3 de xuño, coincidindo cos cuartos de final da XVII Copa de España de Fúbol Sala Feminino (3-5 de xuño). Así o anunciou onte o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, na súa visita á sede social da entidade laranxa. 

O trofeo do combinado de Vicente del Bosque estará exposto no pavillón Vista Alegre durante toda a xornada do venres, para todos aqueles amantes do fútbol e do xogo bonito da Vermella que se queiran achegar para inmortalizarse xunto ao máximo recoñecemento acadado polo fútbol español.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores