Noticias
3 de xuño de 2011
Ambientazo para gozar do mellor fútbol sala nacional en Burela 2011

A primeira xornada da XVII Copa de España Burela FS comezou cun grande ambiente dentro e fóra da pista. Os equipos, os mellores da División de Honra, non defraudaron e a bancada, como non podía ser doutro xeito en Vista Alegre, vibrou co espectáculo futbolístico.

O campión da liga 2010-11 abriu a xornada de cuartos ante o Natudelia.com Zaragoza, ao que se impuxo por 4-2; as galegas dominaron en finalización ante as aragonesas, que deixaron unha digna imaxe e contaron con ocasións que mantiveron o encontro bastante equilibrado. Atlético de Madrid Navalcarnero e Rioja Diamante pecharon a sesión matutina con victoria para as logroñesas (3-5).

Na primeira cita da tarde, o Móstoles conseguiu o pase ás semifinais fronte ao Queralt Gironella por 3-1.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores