Noticias
8 de xuño de 2011
Os consellos fisioterapéuticos pechan mañá as Xornadas Formativas 2011
A aula de usos múltiples do IES Monte Castelo acollerá mañá o último relatorio das Xornadas Formativas Burela FS 2011, a través de consellos fisioterapéuticos, a partir das 17.30 horas. Baixo o título “A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”, o fisioterapueta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, porá o broche final ao ciclo laranxa na súa terceira edición, que tamén contou coa presenza do seleccionador de Libia, Pablo Prieto; o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida; os profesores de Dereito da Universidade da Coruña Alberto Arufe e Iván Vizcaíno e o delegado de A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores