Noticias
9 de xuño de 2011
O Xacobeo agarda os xuvenís laranxas na final da Copa, en Lugo

O Xacobeo Autos Lobelle de Santiago agardará este sábado os xuvenís laranxas na final da Copa, que terá lugar no pavillón municipal de Lugo, a partir das 20.15 horas.

O Burela FS conseguiu o billete para a final despois de vencer o Cidade de Ourense, por 3-6 e 7-5 en encontros de ida e volta, na semifinal. Agora para a gran cita, os pupilos de Iván Cao, Lucas, chegan con toda a ilusión para dar a sorpresa ante o favorito compostelán, campión de liga e subcampión de España. Os duelos ligueiros da tempada foron para os mariñáns en Burela (2-1) e para os santiagueses na capital galega (6-3).

Autobús gratuíto. O club laranxa porá un autobús gratuíto á disposición de todos os afeccionados/as que queiran viaxar á cidade luguesa para animar o equipo. A hora de saída será ás 17.30 horas, do pavillón Vista Alegre. As persoas interesadas deben chamar á sede do CD Burela FS (982 58 18 15).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores