Noticias
23 de xuño de 2011
Clausura do curso 2010-11 na ED EON Burela FS

A gala de clausura do curso 2010-11 na ED EON Burela FS reuniu onte no auditorio da casa da cultura representantes dos seus dez equipos, entre a categoría de prebenxamín e infantil. Os/As pequenos/as futbolistas puideron revivir os mellores momentos da tempada nunha presentación fotográfica.

O director da escola, Alfonso Mera, agradeceu o comportamento de todo o alumnado durante a tempada: “Estamos moi contentos coa progresión que amosaron nos adestramentos e asimilaron moi ben os valores deportivo-educativos que intentamos transmitirlles, por iso queremos recoñecer e premiar o seu esforzo e dedicación neste acto”. O director xeral do club burelista, José Luis Sáez, tivo unha mención especial para o Concello polo seu apoio e para EON España como patrocinador e agradeceu “os pais e nais a implicación no proxecto e a súa comprensión cos posibles erros que se puideran cometer, que trataremos de emendar de cara ao vindeiro curso”.

Ademais de Alfonso Mera e José Luis Sáez presidiron o acto Manuel Fernández, tenente de alcalde, e Beatriz Piñeiro, edil de Xuventude e Deportes; tamén asistiu o concelleiro socialista Alfredo Llano.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores