Noticias
29 de xuño de 2011
Lucía, primeira renovación do Burela FS Pescados Rubén

A ourensá Lucía Nespereira, unha das pichichis do Burela FS Pescados Rubén na historia da Honra laranxa, cumprirá o seu terceiro exercicio coa elástica burelista. O directivo do CD Burela FS Marcelino Luna recibiu a ala-peche onte pola tarde, nas oficinas do club, para formalizar a primeira renovación de 2011-12.

“O interese pola miña continuidade en Burela foi mutuo dende o principio. Eu sempre me sentín moi cómoda; recibín un tratamento excelente por parte da directiva, corpo técnico e afección, ademais de traballar moi ben coas compañeiras. Por iso cando o club me propuxo a renovación non dubidei en seguir apostando pola filosofía laranxa” dixo a xogadora ourensá. Con moito traballo aínda por diante de cara a 2011-12, Lucía confía na liña defendida polo equipo ata o momento: “Estou segura de que o club traballará para  manter a cohesión do grupo, coa chegada dalgunha cara nova para facer fronte a unha liga que volverá ser moi competitiva”.

Marcelino Luna fixo referencia á renovación da ala-peche ourensá como “o primeiro paso para garantir a perdurabilidade dun proxecto que a base de ilusión e esforzo está atopando un sitio entre os equipos máis recoñecidos da elite feminina“. “O perfil de Lucía achega experiencia e carácter no xogo do Burela FS” matizou o directivo. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores