Noticias
4 de xullo de 2011 Foto: A Mariña-El Progreso
Peque e Maite, novas caras nas filas burelistas

A ala-pivote Patricia González Mota, Peque, e a ala Maite García de la Montaña afrontan a tempada 2011-12 como as caras novas do Burela FS Pescados Rubén. Ambas as dúas xogadoras chegan á Mariña tras rematar o seu contrato a finais de xuño co FSF Rioja Diamante, conxunto que se converteu na revelación da XVII Copa de España Burela 2011 co título de subcampión.

Con tan só 24 anos, Peque (Madrid, 1987) conta cunha ampla traxectoria na elite futbolística. Ademais das súas cinco tempadas dedicadas ao conxunto rioxano, a ala-pivote pertenceu á disciplina do Majadahonda FSF (2005-06) e do CD Futsi Navalcarnero (2003-05). No último exercicio anotou 24 tantos coa elástica diamantina.

A pegada goleadora de Maite (Cáceres, 1988) certificou 15 dianas durante a liga 2010-11. Tras o Neumáticos Navalmoral (1997-2000) e CF Abetxuko (2000-05), a ala militou no Viajes Bidasoa (2005-08), de Prata, antes de vincularse á entidade rioxana en 2008.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores