Noticias
1 de agosto de 2011
Milena causa baixa no Burela FS Pescados Rubén

A brasileira Milena Gasparini causará baixa no vestiario do Burela FS Pescados Rubén para a tempada 2011-12, tras finalizar o seu ano de contrato.

A ala-peche (Vitoria-Espírito Santo, 1983) chegou á comarca mariñá en decembro de 2010 para ampliar os efectivos do conxunto laranxa, procedente do Kindermann Caçador canarinho, equipo no que xa coincidira coa burelista Jozi. Entre o seu palmarés destaca un bicampionato da Taça Brasil de Futsal, título de campioa e vicecampioa da Liga Nacional, bicampioa da Liga Universitária Brasileira, ademais de diversos títulos rexionais.

Durante a súa tempada en Burela, Milena achegou regularidade e boa execución táctica, ademais de experiencia e versatilidade competitiva. O club agradécelle á xogadora a súa contribución ao equipo durante este ano e deséxalle sorte na súa nova etapa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores