Noticias
4 de agosto de 2011
Comeza a rodar o Burela FS 2011-12 cos adestramentos de verán

Mañá comezará a rodar o novo proxecto do CD Burela FS 2011-12, con dúas xornadas dos xa tradicionais adestramentos de verán da entidade laranxa, que reunirán sobre a pista de Vista Alegre a promesas futbolísticas non só da comarca mariñá senón tamén de Asturias e Andalucía.

Tras estes días de sesións e probas, o conxunto laranxa entrará no traballo de pretempada o vindeiro luns, 8 de agosto, baixo as ordes de Quique García. Xunto a Brais, André, Purao, Víctor Cachón, Ique, Juanma, Christian, Clebinho e Turero, estrearase Iago Barro e regresa Dani Martín, coa vista fixada nos amigables de preparación, co calendario aínda pendente de peche.

O 20 de agosto, os da Mariña veranse as caras co Azkar Lugo, da Primeira División, nas semifinais dunha das citas por excelencia da pretempada laranxa, o Memorial Celso Currás de Trabada, que tamén contará co Autos Lobelle de Santiago FS (Primeira División) e o Dinamo de Moscova (campión da Liga Rusa 2011). De novo ante os transportistas, o Burela FS xogará o 31 de agosto, no encontro de presentación dos lugueses.

O mes de setembro arrancará coa visita, o día 3, do Autos Lobelle de Santiago FS, da Primeira División, a Vista Alegre. Unha semana antes do comezo ligueiro, o 9 de setembro, o conxunto de Quique García pechará a pretempada no concello asturiano de San Tirso de Abres, ante o CD Rececende Superti A Pontenova, da Terceira División.

 

Sábado 20 e domingo 21 de agosto

VII Memorial Celso Currás
Azkar Lugo FS-CD Burela FS // Autos Lobelle Santiago FS-Dinamo de Moscova
Localización: Trabada

 

Mércores 31 de agosto

Presentación oficial do Azkar: Azkar Lugo-Burela FS
Localización: Lugo

 

Sábado 3 de setembro

Burela FS-Autos Lobelle de Santiago
Localización: Vista Alegre

 

Venres 9 de setembro

CD Rececende Superti A Pontenova-Burela FS
Localización: San Tirso de Abres

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores