Noticias
8 de agosto de 2011
Alfonso Mera asume a xestión da preparación física no club

O director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, asumirá a xestión da preparación física do club laranxa en 2011-12. Deste xeito, ocuparase persoalmente deste labor nos dous primeiros equipos, xunto á coordinación das diferentes categorías de base.

O burelao, que xa participou hoxe na primeira sesión de pretempada do Burela FS masculino, substituirá a Suso Rey como preparador físico, tarefa que o focego compaxinaba coa de adestrador a tempada pasada.

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, con máster en Preparación Física en Fútbol, Alfonso Mera internouse na entidade burelista en 2005-06 precisamente na área que agora asume, traballando co equipo masculino en Prata xunto a Javier Pardeiro. Un ano despois as súas responsabilidades trasladáronse ás categorías inferiores. Dende o nacemento da ED Burela FS, en 2007, Alfonso Mera dirixe a escola laranxa, cargo que na tempada pasada xa compatibilizou coa de preparador físico do cadro sénior feminino, na División de Honra.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores