Noticias
12 de agosto de 2011
Música, goles e solidariedade

O Burela FS Pescados Rubén, da Primeira División Feminina, e o Burela FS, da Segunda División Masculina, presentaron o proxecto 2011-12 onte, no décimo aniversario da entidade, rodeados de ritmo de gaitas, numerosa afección, goles e solidariedade.

Coa música do grupo cervense Airiños do Xunco, o público puido coñecer os equipos laranxas, coas novidades de Haydée, Peque, Maite e Paula Cortiñas, no vestiario feminino, e Quique García, Dani Martín, Iago Míguez, Iago Barro e Antón Couto, no masculino, nunha presentación conducida polo responsable de deportes de Radio Burela, Senín Díaz. 

Os representantes burelistas puxeron o broche final cun partido de aliñacións mixtas dirixidas por Javier Pardeiro e Quique García. Impúxose por 4-2 o equipo composto por Brais, Irene, Purao, Haydée, Dolo, Manu, Maite, Iago Míguez, Lidia, André, Víctor, Christian e Paula Cortiñas fronte ao de Jozi, Iago Barro, Lucía, Turero, Claudia, Juanma, Peque, Dani Martín, Rosana, Silvia, Ique, Clebinho e Antón Couto.

Os asistentes tiveron unha excelente resposta ante a iniciativa solidaria do club de habilitar unha fila 0, con doazóns destinadas á asociación Camiña e a Fundación Eu Son de Burela. A aquelas persoas que non puideron asistir á primeira cita laranxa de 2011-12 tamén se lles ofrece a posibilidade de colaborar cos devanditos colectivos en: 

Asociación Camiña: 2100-2460-80-0200084741 (La Caixa)

Fundación Eu Son: 2091-0109-83-3040018867 (Novacaixagalicia)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores