Noticias
18 de agosto de 2011
Avaliacións médicas no Centro Clínico Ribadeo

Os xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan estes días as exploracións médicas, comprobando a saúde dos seus corazóns, de cara ao inicio da competición, no Centro Clínico Ribadeo. Pola consulta do cardiólogo José Emiliano Cascallana pasarán os cadros laranxas sénior, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma.

O Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) abriu as súas portas na vila do Eo en 2009 coas especialidades de medicina xeral, cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía, odontoloxía e cirurxía maxilofacial, oftalmoloxía, podoloxía, psicoloxía, enfermería, fisioterapia e osteopatía. A clínica tamén ofrece servizos de xinecoloxía, depilación con láser médico, pediatría, psiquiatría, radioloxía xeral, mamografías, radioloxía dental e teleradiografía, ecografías, electrocardiogramas, audiometrías, espirometrías e análises clínicas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores