Noticias
19 de agosto de 2011
A escola laranxa abrirá o prazo de matrícula o 29 de agosto

As pequenas promesas do fútbol sala poderán regresar aos pavillóns para mergullarse na práctica deportiva coa ED EON Burela FS, que manterá aberto o prazo de matrícula para o curso 2011-12 entre o luns 29 de agosto e o venres 9 de setembro.

Catro categorías, entre prebenxamín e infantil, integrarán a escola laranxa; os cadetes e xuvenís volverán pertencer ás categorías inferiores dos equipos sénior, da Primeira División Feminina e Segunda Masculina.

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá entregar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.  


Novidades nos prezos

A matrícula para o curso 2011-12 pasará a ser gratuíta e as cotas trimestrais (outubro, xaneiro e abril) reduciranse de 60 a 45 euros. Ademais as familias que formalicen máis dunha inscrición terán o 20% de desconto (a partir da segunda matrícula).

A tenda Living Sport (rúa Trapero Pardo, número 14, Foz), distribuidora oficial do club, entregará directamente a cada alumno/a un pack de material deportivo (80 euros), que incluirá chándal, sudadeira, camiseta e bermuda, ademais dun vale de desconto para zapatillas. De forma totalmente gratuíta, o club tamén lles proporcionará aos rapaces/as unha mochila, un chuvasqueiro e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón) e competición.

Coma no curso pasado, os pequenos futbolistas disporán dos servizos médicos do club, así como de L2 Fisioterapia.


Reunión informativa

A dirección da ED EON Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 10 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:

10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2005-04)
11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2003-02)
12.00 horas – Alevín (nados/as en 2001-00)
12.45 horas – Infantil (nados/as en 1999-98) 

Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores