Noticias
29 de agosto de 2011
O técnico do Trabada, Andrés López, eloxia o proxecto laranxa malia a derrota no amigable (6-2)

O equipo que dirixe Quique García gañou con claridade pese a comezar por debaixo no marcador (0-1), con goles de Manu (2), Dani (2) e Víctor, ademais doutro tanto en propia meta do Trabada. Malia tratarse dun amigable, a afección acudiu á súa cita co conxunto laranxa en Vista Alegre. O técnico visitante, Andrés López, declarou para A Mariña-El Progreso que o partido “foi un premio para nós, e un orgullo poder competir con profesionais do noso deporte”. O adestrador amosou o seu apoio á “aposta do Burela FS pola canteira, un proxecto deportivo ilusionante, non só para os xogadores da zona senón tamén para os afeccionados. Creo que esta circunstancia lle pode conferir carisma entre a xente da comarca”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores