Noticias
29 de agosto de 2011
O Ximnasio Breogán valida a colaboración co club laranxa

O Ximnasio Breogán de Burela validou a súa colaboración co club laranxa, reafirmando así o apoio que vén prestando ao fútbol sala burelista nas últimas tempadas. A renovación do convenio facilítalles aos membros do CD Burela FS unhas instalacións de primeiro nivel na súa preparación ante as obrigas da competición.

Inmerso no plan de traballo de pretempada xunto ás recentes incorporacións de Iago Míguez, Iago Barro, Peque e Maite, o preparador físico do club burelista, Alfonso Mera, destacou “a valiosa axuda que supón para a entidade poder facer uso dun centro deportivo óptimo para obter os mellores resultados non só no potencial de xogadores e xogadoras senón tamén no labor preventivo ante posibles lesións”. Alberto Prado tamén transmitiu a súa satisfacción “por ter a posibilidade de cooperar no crecemento e afianzamento tanto do club coma da práctica deportiva da comarca”.

O Ximnasio Breogán (Álvaro Cunqueiro, número 1), que presta o seu apoio ao CD Burela FS dende hai máis de cinco anos, posúe unhas instalacións de máis de 200 metros cadrados e unha extensa oferta con aeróbic, step, batuka, bailes de salón, danza oriental, sauna, kick boxing, musculación e cardio, entre os servizos máis novidosos e con máis demanda.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores