Noticias
30 de agosto de 2011
O Burela FS Feminino Pescados Rubén inicia a XXI Copa Galicia ante o Fervenza (Vista Alegre. Mércores 20:30 horas)

Volve o mellor fútbol sala feminino a Vista alegre co inicio da competición copeira. As pupilas de Javier Pardeiro enfróntanse ao Fervenza no coliseo laranxa (mércores 31, ás 20:30 horas) en partido pertencente ao grupo A, no que tamén participa o Leis Pontevedra.

As laranxas poderán contar con todos os seus efectivos agás Rosana que non xogará por precaución ao sufrir unha pequeña sobrecarga muscular.

Volve a Liga feminina a Vista Alegre

O vindeiro día 10, ás 18:30 horas, O Burela FSF Pescados Rubén volverá a Vista Alegre, esta vez para disputar a primeira xornada da 1ª División Feminina da RFEF. O equipo mariñao enfrontarase daquela ao Móstoles, recente campión da Copa de España 2010 que se celebrou en Burela.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores