Noticias
1 de setembro de 2011
O cadro masculino pasa as revisións médicas na Clínica Virxe da Mariña

A Clínica Virxe da Mariña realiza estes días as exploracións médicas previas ao inicio da tempada 2011/2012 do conxunto que dirixe Quique García. Xunto aos recoñecementos, os equipos senior masculino e femenino do CD Burela FS Pescados Rubén, estarán supervisados polos especialistas da clínica ao longo da competición ligueira.

A colaboración da Clínica Virxe da Mariña co club cumpre seis anos. Neste tempo, os membros/as dos primeiros equipos viron notablemente melloradas as prestacións médicas coa asistencia do centro mariñao. A atención personalizada inflúe dun xeito moi positivo na valoración do estado do deportista no momento de inicio de tempada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores