Noticias
2 de setembro de 2011
Tablas en Lugo (3-3) antes do enfrontamento deste sábado ante o Lobelle (Vista Alegre, 20.00horas)

O Burela FS Pescados Rubén fixo valer unha segunda metade xogada con intensidade e acerto para empatar un partido que empezou perdendo 3-0 ante Azkar, no acto de presentación do cadro transportista ante a súa afección disputado onte en Lugo. Os laranxas mídense este sábado ao Lobelle en Vista Alegre (20 horas) nun clásico xa da pretempada burelá. A entrada será gratuíta.

Remontada no municipal de Lugo

Con respecto ao encontro no Palacio Municipal de Deportes de Lugo. Mellorou o cadro mariñao a medida que avanzaba o choque ante o Ázkar, con goles de Víctor Cachón, Clebinho e Juanma. Antes marcaran Kiko, Ossorio e Aramburo para os locais, cando os transportistas chegaron a anotar tres goles en dez minutos.

Con 3-1 no electrónico, o porteiro lugués parou un dobre penalti a favor dos laranxas. Foron expulsados Víctor Cachón e Purao, por parte mariñá, e Ossorio polo Ázkar.

Ficha do partido

Azkar Lugo: César, Antonio, Kiko, Diego, Ossorio –cinco inicial-, Óscar, Jandri, Juampe, Aramburu, Jhony, Jacobo, Álex Diz, Adri, Xuxa e Iago Domínguez.

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Juanma, Víctor Cachón, Purao, André –cinco inicial-, Ique, Manu, Turero, Clebinho e Iago Míguez.

Goles: 1-0 Kiko, min. 1; 2-0 Ossorio, min. 7; 3-0 Aramburu, min. 10; 3-1 Cachón, min. 16; 3-2 Ique, min. 25; 3-3 Juanma, min. 34.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores