Noticias
5 de setembro de 2011
Partidazo en Vista Alegre

O Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago representaron un choque intenso en Vista Alegre, cuxo resultado final favoreceu aos coruñeses (2-3) aínda que puido beneficiar aos laranxas nun partido de pretempada que ben podería ter sido de Liga regular pola intensidade vivida durante os corenta minutos.

A afección mariñá respondeu á chamada do equipo de Quique García e animou aos seus coma se dun play off se tratara. Malia que o Lobelle tomou a dianteira no electrónico sempre, o Burela FS Pescados Rubén soubo remontar primeiro ata o 1-1, obra de Cleber, e con posterioridade para o 2-2 de Ique. David anotou o definitivo 2-3 para os santiagueses, no minuto 24 e o marcador xa non se moveu ata o final do amigable.

Ficha do partido

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Juanma, Purao, Cleber, André –cinco inicial- Ique, Iago Míguez, Dani Martin, Manu, Turero

Autos Lobelle: Alex, Palmas, Luis, Raúl Campos, Quintela -cinco inicial- Aicardo, Hamza, David, Barroso, Rubi, Charlie, Chaguinha, David Pazos.

Goles: 0-1, m.17, Raúl Campos; 1-1, m.7, Cleber; 1-2, m.12, David; 2-2, m.18, Ique (dobrepenalti); 2-3, m.24, David.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores