Noticias
5 de setembro de 2011
As laranxas lévanse o III Torneio Internacional Terras de Vermoim

O Burela FSF Pescados Rubén levouse o trofeo Terras de Vermoin (Portugal) logo de vencer na final ao cadro local por 1-4. Xogaron polas burelás Irene, Jozi, Lucía, Claudia, Dolo, Peque, Maite e Haydee; e anotaron Dolo, Lucía e Maite (2).

As de Pardeiro chegaron á final logo de empatar co Restauradores Avintenses (1-1) na elminatoria previa e impoñerse con posterioridade na tanda de penaltis (4x2).

Participaron no trofeo portugués os equipos Burela FSF Pescados Rubén, Restauradores Avintenses, Viaxes Amarelle e FC Vermoim.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores