Noticias
6 de setembro de 2011
O venres péchase o prazo de matrícula para a escola deportiva municipal Eon Burela FS 2011/12
Ata o vindeiro venres día 9 de setembro, permanece aberto o prazo de inscrición da escola deportiva do club laranxa,  cuxa matrícula será gratuíta este ano. A formalización da matrícula pode realizarse nas oficinas do club, ubicadas en Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entrechán. Ademais, as familias que inscriban de máis dun neno ou nena terán un 20 % de desconto, a partir da segunda matrícula. Para a tramitación das altas serán necesarias dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. As cotas serán trimestrais e pasaranse en outubro de 2011, xaneiro de 2012 e abril do mesmo ano, e ascenderán a 45 euros.

En canto á vestimenta esixida para a práctica deportiva, a tenda Living Sport, distribuidora oficial do club, entregará directamente a cada alumno/a un pack de material deportivo (80 €) que incluirá chándal, sudadeira, camiseta e bermuda, xunto cun vale desconto valorado en 12 € para a compra de zapatillas Joma. De forma gratuíta, o club tamén proverá aos rapaces e rapazas de mochila, chuvasqueiro e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón) e competición. Por outra banda, o alumnado da escola contará coa asistencia dos servizos médicos e de fisioterapia do propio club.
Catro categorías, entre prebenxamín e infantil, integrarán a escola laranxa; os cadetes e xuvenís volverán pertencer ás categorías inferiores dos equipos sénior, da Primeira División Feminina e Segunda Masculina.

A dirección da ED EON Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 12 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:

20.00 horas – Prebenxamín (nados/as en 2005-04)
20.30 horas – Benxamín (nados/as en 2003-02)
21.00 horas – Alevín (nados/as en 2001-00)
21.30 horas – Infantil (nados/as en 1999-98) 

Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores