Noticias
12 de setembro de 2011
O Burela FS resolve con amplitude o triangular de Abres

O Burela FS fíxose co triangular disputado o venres pasado en San Tirso de Abres ante o Txamon Oviedo e CD Rececende Superti-A Pontenova, da Terceira División.

No primeiro partido, o Burela FS-Pescados Rubén impúxose aos ovetenses por 5-1. Os laranxas, con numerosas ocasións para sentenciar axiña a cita, tiveron que facer fronte a un marcador igualado, con 1-1, para acabar goleando con comodidade.

No segundo asalto, o Superti, aínda que ofreceu un gran papel ante os burelistas, non freou o 5-2 final.

A contenda honorífica entre pontenoveses e asturianos decantouse polo Txamon con 2-0.

 

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores