Noticias
17 de setembro de 2011
As burelistas despegan coa primeira vitoria, ante o Soto del Real (0-2)

O Burela FS Pescados Rubén despega na liga 2011-12 coa primeira vitoria, recollida na pista do correúdo Soto del Real (0-2), nun encontro no que as pupilas de Javier Pardeiro tiveron que esforzarse ante a falta de acerto de cara á portería.

Con dominio absoluto dende o comezo, Ro (minuto 12) finalizou o primeiro gol nunha triangulación con Lucía e Peque. A vantaxe no electrónico deulle forza ao conxunto mariñán para seguir presionando, con ocasións, pero sen tino, para ampliar as distancias. Aínda tivo Peque unha boa oportunidade a poucos segundos do asubío para o descanso.

O bo ritmo co que volveron as laranxas viuse condicionado por uns minutos de desconcentración, que desencadearon nas mellores ocasións para as sotorrealeñas, aínda que sen excesivo perigo. O 0-2 final chegou das zapatillas de Peque (minuto 38), nun roubo de balón, cando a escuadra madrileña xa optara polo xogo de cinco.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores