Noticias
19 de setembro de 2011
A ourensá Lola asumirá as tarefas de delegada do Burela FS Pescados Rubén

Dolores Fernández Sotelo, máis coñecida como Lola, estivo acompañada polo directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna na súa presentación como delegada do conxunto laranxa da Primeira División Feminina. A ourensá, vinculada á escuadra burelista durante as dúas últimas tempadas defendendo a portería xunto a Jozi e Irene, asumirá novas tarefas no equipo, que compatibilizará co seu labor docente en Ribadavia.

A experimentada gardameta, de 36 anos, chegou ao Burela FS en 2009-10 para achegar o seu coñecemento da elite, tras a estancia no Ponte Ourense SAD (2006-07, 2007-08).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores