Noticias
19 de setembro de 2011
Os xogadores/as laranxas saen á rúa co soci@ 1.000 como obxectivo

Os xogadores e xogadoras burelistas, xunto aos diferentes técnicos, saíron á rúa o venres pasado para difundir a atractiva campaña de socios/as 2011-12, co obxectivo de chegar ao carné número 1.000, nun ano moi especial para o club, no seu décimo aniversario.

Baixo o lema “Elixe o teu Regalo: Faite Socio, Faite Laranxa”, os membros do Burela FS-Pescados Rubén percorreron as rúas do mercado da vila para compartir cos viandantes experiencias, ademais de pormenores e vantaxes da tempada para os socios/as da entidade mariñá, con notable interese amosado por parte dos destinatarios.

Prezos moi atractivos

Coa chegada de 2011-12 e como agasallo burelista, baixan os prezos laranxas e incorpóranse atractivas vantaxes en abonos para adaptarse aos afeccionados/as, especialmente para os máis novos. Deste xeito, a entidade fará desaparecer o Abono 17 (14-17 anos) e os partidos de Primeira División Feminina e Segunda Masculina serán totalmente gratuítos para os menores de 18 anos. Nas tarifas especiais, o Abono 25, destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, pasará de 50 a 40 euros, e o Abono de Xubilado (60 euros) manterase sen modificacións. No que respecta ás tarifas convencionais, o CD Burela FS-Pescados Rubén conservará o Abono Simple (75 euros) e o Abono Dúo (125 euros), coa posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen a necesidade de existir vínculos familiares entre os socios/as.

En www.burelafs.org, terán á súa disposición o formulario de socios/as 2011-12, que poderán cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio.

Os socios/as poden retirar o carné na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-20.00). Tamén se facilitarán os abonos 2011-12 o sábado 24 de setembro en Vista Alegre, a partir das 16.30 horas, coincidindo co emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (Vista Alegre, 17.30 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores