Noticias
19 de setembro de 2011
Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1)

Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1), organizado pola Federación Galega de Fútbol, que se desenvolverá entre outubro de 2011 e xuño de 2012, no IES Monte Castelo. Todas as persoas interesadas poden informarse na sede do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, 982 581 815, burelafs@burelafs.org).

O prazo de inscrición para as probas de acceso estará aberto ata o xoves 22 de setembro. Estarán exentos da proba de carácter específico, que terá lugar o sábado 24 de setembro, os aspirantes que acheguen na súa solicitude de inscrición un certificado federativo de xogar na categoría nacional de fútbol sala (Honra, Prata, Primeira Nacional A, Primeira Nacional B e Liga Nacional Xuvenil, así como Honra e Prata femininas) no período máximo de dous anos anteriores a esta convocatoria e estean activos; os que superen os dous anos de inactividade deberán efectuar as probas físicas. Valídanse estudos a licenciados, diplomados e mestres de Educación Física e titulados no ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas. O solicitante deberá achegar un escrito de solicitude acompañado de fotocopia compulsada do título.

Unha vez superadas ou validadas as probas de acceso, a matrícula poderá formalizarse ata o xoves 6 de outubro.

O custo do curso ascenderá a 825 euros, fraccionados en tres prazos (inscripción 75 €, matrícula 375 € e 375 € antes do 28-01-2012).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores